Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.
O alumnado do Máster en Marketing Dixital e Xestión Comercial da USC (egresado e actual) está convidado a participar nas conferencias do Congreso Internacional en Marketing e Tecnoloxía, ICMarkTech´22. Nesta edición, que se celebrará entre os días 1 e 3 de decembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, participarán investigadores dos cinco continentes. As conferencias inaugurais, tituladas "The new science of Neuroforecasting” e "Beyond digital marketing through service automation” serán impartidas polos Profesores Hilke Plassmann do INSEAD-París e por Carlos Flavián, da Universidad de Zaragoza. Podes atopar toda a información do evento e o programa detallado na seguinte ligazón: Universidades Asociadas.